Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

15 de Decembro, 2016

Imaxe da presentación da campaña na tenda A Coquetería. Na parte inferior, na tintorería Burbuxas cunha das premiadas nos sorteos

Cambre presenta a campaña de promoción económica "No Nadal Comercio Local"

O Mercado de Nadal no Campo da Feira de Cambre os días 22, 23 (mañá e tarde) e 24 de decembro (horario matutino) contará con actuacións musicais e cun circuíto de karts de pedais gratuíto

Cambre,  15 de decembro de 2016.   A concelleira de Promoción Económica, Leonor Fernández, presentou hoxe a campaña No Nadal Comercio Local que ten como obxectivo dinamizar e potenciar ao pequeno e mediano comercio e á hostalería cambresa en época do Nadal.

Este ano o Concello aposta pola animación das zonas máis comerciais do municipio. Mesmo levou a cabo unha iluminación do Nadal  nas principais rúas das zonas urbanas para mellorar a imaxe das mesmas en horario de tarde. Este ano o Concello investiu preto de 30.000 euros na campaña de nadal. Fernández desprazouse ata o comercio de moda A Coquetería, na rúa Pígara, e xunto con outras comerciantes explicou aos medios os detalles da campaña.

 Segundo a propia concelleira de Promoción Económica, os produtos de calidade de Cambre non se poden atopar nas grandes áreas comerciais polo que hai que apostar polo comercio de proximidade. “Programamos unha serie de actividades paralelas aos sorteos das cestas para fomentar aos nosos comercios”, apuntou

No marco da campaña destaca o Rasca e Gaña que este ano repartiu 34.000 boletos entre todos os establecementos do municipio e onde os clientes ao facer calquera compra optan a unhas 60 cestas de nadal valoradas en 60 euros e a 15 valoradas en 250 euros. Os rascas repartíronse a principios de mes e xa saíron premiadas durante a primeira semana de campaña máis dunha decena de persoas. A iniciativa está dirixida 157 establecementos inscritos na acción promocional e que se dedican ao comercio, hostalería ou perruquería ou estética.

Así mesmo, destaca na programación da campaña o Mercado de Nadal que terá lugar no Campo da Feira de Cambre os días 22, 23 (mañá e tarde) e 24 de decembro (horario matutino), que contará con actuacións musicais e cun circuíto de karts de pedais e gratuíto dirixido aos máis pequenos. Enmarcadas neste mercado están programadas dous actividades. O día 22 ás 13.00 horas terá lugar o  obra teatral “Animaliños”, e o día 23 ás 18.00 horas a actuación Musical do grupo “Hormigón”.

Nesta ocasión destacará a animación nas rúas comerciais con concertos de música, teatro e unha libdup no Temple, Cambre e A Barcala. O comezo da grabación do audiovisual de promoción do comercio local terá lugar o día 20.

No parque Ramón Barba instalarase o reno de Papá Noel co seu trineo de elfos e unha casa de Nadal e, ademais,  diante do Concello instalarase unha caixa de correos real para que os pequenos do municipio introduzan os seus desexos.

Ademais, o día 17 decorarase un Belén no parque Ramón Barba organizado pola Asociación De Empresarios de Cambre. O día 29 ás 17.00 horas haberá unha ambientación cos paxes reais pólas ruas do Temple. Deste mesmo xeito, o día 3 de xaneiro os zancudos pasearán por estas mesmas rúas a partir das 17.30 horas.

 

Continuando coas actividades o día 23 na praza Casares Quiroga da Barcala terá lugar a actuación Musical dun grupo local de Cambre ás 18.00 horas. E o día 27, tamén nesta urbanización,  ás 13.00 horas, comezará a representación da obra “Animaliños”.

Por outra banda, nas tres zonas urbanas levarase a cabo a representación da obra de teatro “Un paxe Real”. O día 29 na Barcala, ás 12.00 horas; o día 30 en Cambre ás 17.30 horas; e no Temple o sía 2 de xaneiro na rúa Francisco Rodríguez ás 17.30 horas.

As actividades de promoción do comercio local  rematarán o día 4 de xaneiro coa actuación de maxía a cargo do Mago Rafa, na praza Manuel Murguía sobre ás 17.30 horas.

 

 

 

 

 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal