Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

28 de Novembro, 2016

Comeza a inscrición nos campamentos escolares de conciliación familiar “Xogando no Nadal”

Os pais e nais poderán facela inscrición do 28 de novembro ao 9 de decembro de 2016 (ambos inclusive)

Cambre, 28 de novembro de 2016. O Concello poñe en marcha un ano máis o Programa de conciliación da vida laboral e familiar no Nadal "Xogando no Nadal 2016", no que os escolares poderán participar en actividades lúdico

deportivas e culturais deseñadas para o alumnado de Educación Infantil (3 a 6 anos), toda Educación Primaria e 1º da ESO. Os pais e nais poderán facela inscrición do 28 de novembro ao 9 de decembro de 2016 (ambos inclusive). E terán que entregar a solicitude de inscrición (segundo modelo normalizado) en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre

Terán preferencia, en primeiro lugar os empadroados no Concello de Cambre, en segundo lugar os que o seu pai,nai ou titor traballe no termo municipal de Cambre (que deberá xustificalo no momento de entregar a solicitude de inscrición cun escrito da empresa onde figure a dita situación) e as prazas valeiras poderán ocupalas veciños/as doutros municipios.

Datas e lugar de realización:

1ª quenda: días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016

2ª quenda: días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2017

Haberá sorteo de prazas, no caso de haber máis solicitudes que prazas, o día 13 de decembro de 2016 ás 12h nas oficinas de Educación do Concello de Cambre, sitas na Barcala. Para saber se o solicitante está admitido deberase chamar ao número de teléfono 981 613 291, a partir do día 14 de decembro.

As baixas solicitaranse por escrito no rexistro municipal ou na dirección de correo: educacion@cambre.org os días 15 e 16 de decembro de 2016, logo destas datas non se admitirán baixas salvo causas de forza maior.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal