Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

31 de Xaneiro, 2017

Comeza a instalación da nova iluminación da ponte do Burgo

O alcalde de Cambre e o primeiro tenente de alcalde de Culleredo desprazáronse ata a ponte o inicio da actuación que dará maior seguridade os peóns

Cambre, 25 de enero de 2017. As obras de instalación de luminarias na ponte do Burgo comezaron hoxe tras varios meses de trámites entre as dúas administracións municipais implicadas no proxecto e Patrimonio, que tivo que dar permiso para a mellora da iluminación do monumento que conecta os concellos de Cambre e Culleredo. Trátase dunha actuación moi demandada polos veciños e veciñas de ambos os dous concellos xa que é un lugar de paso obrigado para centos de persoas a diario.

Esta mesma mañá o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o primeiro tenente de alcalde de culleredo, José Ramón Rioboo, visitaron o comezo das obras que permitirán iluminar a ponte que leva varios anos coas luminarias estragadas. A actuación adxudicouse por un valor de 15.082 euros á empresa Instelec. O remate das obras está previsto para a segunda semana de febreiro sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

O alcalde de Cambre lamentou que as obras non comezaran antes pola importancia que ten este paso peonil. "Lamento que non houberan comezado antes pero os trámites na administración ainda son lentos. A nosa intención é mellorar a seguridade nun paso que usan a diario centos de veciños de Cambre e Culleredo", apuntou.

Pola súa banda, Rioboo asegurou que a iluminación desta ponte e froito do esforzó do entendemento entre dúas administracións polo que espera continuar con este tipo de acordos que melloran o benestar dos seus veciños e veciñas.

García Patiño lembrou que agora falta que Patrimonio lle permita tapar un tramo pequeño do inicio da ponte que agora non é accesible. Entende que as persoas con mobilidade reducida teñen dereito a cruzar a ponte e nestas condicións e imposible. "Pedímoslle autorización a Patrimonio e ainda seguimos esperando. Queremos colocar unha cuberta transparente sobre as pedras antigas que sexa antideslizante para que as cadeiras de rodas poidan atravesar o comezo da ponte".

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal