Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

10 de Abril, 2017

Comeza a reforma do teitume da reitoral e a demolición dos nichos de Bribes

Cambre,  10 de abril de 2017.   O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, acompañado de técnicos  municipais desprazáronse hoxe  ata o edificio da reitoral da parroquia de San Ciprián de Bribes para visitar as obras de reparación da cuberta da reitoral e a demolición dos nichos ilegais da parroquia, sobre os que pesaba unha sentenza xudicial de hai máis de vinte anos.  


Segundo García Patiño, cúmprese, deste xeito, unha vella reivindicación dos veciños que demandaban unha solución ao inminente esborralle dun edificio histórico e, doutra banda, a demolición dunha estrutura ilegal. 


"É un bo día para Bribes. Un día no que se executan dúas reivindicacións históricas e que todos debemos celebrar. Nós fixemos o noso traballo como gobernantes que foi esixir ás autoridades competentes que executasen estes traballos. Foi unha tarefa que levou o seu tempo, con moitas negociacións e que ao final deu os seus froitos".


O pasado ano o Concello instou o Arcebispado a adoptar as medidas necesarias para evitar o esborralle do edificio protexido por Patrimonio. Incluso o Concello chegou a sancionar con multa coercitivas ao ente eclesiástico polo risco de derrubamento dun edificio de interese cultural. 



Polo que respecta á demolición dos nichos, anexos á igrexa, Sanidade xa avisara da contratación das obras de derrubamento, unha actuación que foi demandada polo Concello a principios de lexislatura. 


Trátase duns panteóns que foron construídos no seu día polos veciños da parroquia sen contar coas licenzas oportunas e que unha sentenza do ano 1992 obrigaba a demoler. A pesar do fallo xudicial, nunca se procedeu á demolición ata que o actual goberno local reclamou á Xunta que cumprise a sentenza e levará a cabo esta demolición.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal