Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

22 de Maio, 2017

Hacienda leva a cabo un proceso de regularización catastral en Cambre

O goberno local, ante as dúbidas de veciños e veciñas sobre este proceso, ofrecerá asistencia técnica personalizada aos afectados para revisar os datos que lles remitiu Catastro e proceder, se é o caso, á reclamación oportuna

Cambre, 22 de maio de 2017. Ante o procedemento de regularización catastral que a dirección xeral de Catastro está a levar a cabo de maneira masiva, desde o ano 2013 ata o ano 2016, o goberno local de Cambre contratou a unha empresa para que ofreza asistencia técnica de forma personalizada aos veciños e veciñas de Cambre.

Segundo Catastro, detectáronse máis de 3.000 edificacións que non tributaban polo que lles enviou unha notificación informándolles de que terán que pagar os atrasos (últimos 4 anos ) pola falta de pagamento destes tributos.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que, co obxectivo de axudar á veciñanza e de evitar que se despracen a Facenda, ofrecerá asistencia técnica co obxecto de suministrar a información catastral a todos os interesados, así como a recepción, recursos e reclamacións presentadas por os titulares catastrais, recollida dos documentos acreditativos do erro detectado e a súa remisión á Xerencia Rexional do Catastro de Galicia-A Coruña.

O Concello facilitará información sobre a notificación recibida polos interesados, tanto no relativo aos datos catastrais como aos tributarios.

Ademais, facilitará información sobre os criterios, módulos, coeficientes e tablas de valoración aplicados ás leiras obxecto de notificación, e os datos que lles serviron de base. Tamén solicitará información e recollerá os recursos e as reclamacións presentadas polos titulares catastrais e os documentos acreditativos da existencia do erro detectado.

Para ese efecto facilitaránselle, para a presentación das reclamacións, os impresos axeitados por parte da Xerencia Rexional do Catastro de Galicia-A Coruña para a súa correspondente tramitación e resolución.

Poden chamar ao Concello para solitar cita cos técnicos para resolver as súas dúbidas.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal