Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

01 de Xaneiro, 1970

INFORMACION SOBRE A RECUPERACIÓN DAS CLÁUSULAS DO SOLO

Esta cláusula solo foi declarada como nula polo Tribunal Supremo nos casos de falta de transparencia.

Unha recente sentenza do Tribunal Supremo determina os criterios para a valoración da posible abusividade das cláusulas de solo establecendo que son abusivas sempre que non sexan debidamente informadas. Resolve a non recuperación do importe abonado indebidamente.


Sentenza Nº: 241/2013 de 09/05/2013. 
Di a Sentenza:
1.- As cláusulas chan son lícitas sempre que a súa transparencia permita ao consumidor identificar a cláusula como definidora do obxecto principal do contrato e coñecer o real reparto de riscos da variabilidade dos tipos.
2.- Corresponde á iniciativa empresarial fixar o interese ao que presta o diñeiro e deseñar a oferta comercial dentro dos límites fixados polo legislador, pero tamén lle corresponde comunicar de forma clara, comprensible e destacada a oferta.
3.- Para valorar o equilibrio das cláusulas adoito carentes de claridade, debe atenderse ao real reparto de riscos da variabilidade dos tipos en abstracto.
4.- No caso concreto que se estuda, a sentenza determina:
...a) Procede condenar ás demandadas a eliminar dos seus contratos as cláusulas examinadas na forma e modo na que se utilizan.
b) Igualmente procede condenar ás demandadas a absterse de utilizalas en diante na forma e modo na que se utilizan.
c) Os contratos en vigor, seguirán sendo obligatorios para as partes nos mesmos términos sen as cláusulas abusivas.

Arquivos:
SENTENCIA_TS_9_DE_MAYO_DE_2013.pdf

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal