Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

07 de Xuño, 2017

Campamento urbano verán 2017 (Circular 4a quincena)

A nosa ref.: 6 Educación

Asunto: comunicación aos solicitantes do Campamento Urbano de Verán 2017.

Queridos pais, nais ou titores:

Debido aos cambios introducidos no campamento urbano de verán 2017 como a posta en marcha do servizo de comedor, o aumento do horario do campamento,  e  un prezo máis axustado ás modalidades elixidas polos participantes recibimos un gran número de solicitudes superando ás prazas ofertadas nas dúas quincenas do mes de xullo.

Por este motivo vímonos na obriga de realizar unha selección das solicitudes, tal e como se amosaba no díptico informativo  baseada na renda da unidade familiar, o que provocou  que haxa unha numerosa listaxe de agarda por primeira vez nos últimos anos.

Ao mesmo tempo, tras coñecer a listaxe dos nenos e nenas que non acadaron a súa  praza vos informamos que hai outras entidades educativas, deportivas e culturais que ofertan campamentos de similares características durante o verán. No caso de estar interesados podedes chamar ao departamento de Educación para que vos poñan en contacto con calquera delas.

Tendo en conta estes resultados, de cara a vindeiras convocatorias trataremos de ampliar a  oferta para poder así chegar a un maior número de solicitudes.

 

Recibide un cordial saúdo, 

Mª Jesús Gómez González

Concelleira de Educación

Arquivos:
1a_quincena_definitivo.pdf
2a_quincena_definitivo.pdf
3a_quincena_definitivo.pdf
4a_quincena_definitivo.pdf
circular__padres_1a_quincena.pdf
circular_padres_2a_quincena_camp_urbano_actualizado.pdf
circular__padres_3a_quincena_campamento_urbano_veran_2017.pdf
circular_padres_4a_quincena_campamento_urbano_veran_2017.pdf

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal