Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

12 de Maio, 2017

Mellora do parque da rúa Francisco Rodríguez

 

O Concello de Cambre está a executar a actuación denominada “Mellora do parque da rúa Francisco Rodríguez, O Graxal, O Temple”, que ten por obxecto mellorar o parque infantil existente na zona do Graxal, coa restauración dalgúns elementos de xogo e outros completamente novos, co fin de facer un parque accesible e integrado a persoas con discapacidades. O resultado será un parque de calidade adaptado á  Normativa Europea, que en España constitúen a serie UNEEN 1176 y UNEEN 1177, e ó Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que establécense as normas de seguridade nos parques infantís en Galicia.

Esta actuación está presupostada nun total de 34.998,14 € estando financiada pola Excma. Deputación Provincial da Coruña cunha achega de 14.979,20 € dentro da convocatoria do programa de subvencións dirixido aos concellos e outras entidades locais para investimentos de Promoción Económica (FOAYIA 2016).

 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal