Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

31 de Xaneiro, 2017

O alcalde estuda co presidente da Deputación a mellora da seguridade viaria nas estradas de titularidade provincial de Cambre

A iluminación dos pasos de peóns, a unificación da sinalización, elevalos pasos de peóns na DP-1760 (Temple-Cambre), DP-1702 (Cambre-Cela-Lema), e no viario DP-1704 (Arrigada-Os Campóns)

Cambre, 30 de xaneiro de 2017.  O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o portavoz do goberno local, Juan Evaristo Rodríguez, mantiveron unha reunión onte co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para abordar unha serie de demandas que dependen do organismo provincial. 

En concreto, estudaron a posibilidade de mellorar a seguridade viaria en varias estradas de titularidade provincial. A iluminación dos pasos de peóns, a unificación da sinalización, elevalos pasos de peóns na DP-1760 (Temple-Cambre), DP-1702 (Cambre-Cela-Lema), e no viario DP-1704 (Arrigada-Os Campóns).

Doutra banda, transmitiulle as demandas dos veciños sobre as beirarrúas na ponte da estación de Cambre, o tramo da Patiña ata Cela, e a de acceso á urbanización A Barcala. Así mesmo, instaron o presidente a realizar unha actuación  de seguridade viaria en Cela e no cruzamento de Bribes no que se produciron accidentes nos últimos anos.

Ademais, o alcalde lembrou a necesidade de poñer en marcha os proxectos xa previstos das rotondas de acceso ao Polígono de Espírito Santo, en Cecebre, e a da Rocha na intersección entre os viarios DP1701 e DP1702.

García Patiño agradeceu ao presidente que se desprazase a Cambre para abordar estes temas de seguridade viaria e aprecia a súa preocupación por arranxar estes problemas. Ambos os mandatarios convidáronse a outra nova xuntanza en febreiro para debater as posibles solucións a estas deficiencias detectadas.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal