Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

31 de Marzo, 2017

O exercicio económico de 2016 arroxa un superavit de 1.675.522 euros

García Patiño mostrou a súa satisfacción polos datos obtidos que reflicten un remanente positivo de tesourería de 2.697.489 euros

Cambre, 31 de marzo de 2017. A liquidación do orzamento de 2016 do Concello de Cambre arroxa un balance moi positivo en todas as magnitudes contables, segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, que tras recibir o informe de Intervención valorou a boa saúde das arcas municipais. O resultado orzamentario axustado do exercicio de 2016 é de 1.053.548 euros.

O goberno local mostra a súa satisfacción polos datos obtidos que reflicten un remanente positivo de tesourería de 2.697.489 euros e un superavit de 1.675.584 euros, o que permitirá agora a amortización anticipada dos préstamos bancarios. Esta situación terá dúas consecuencias fundamentais:

Por unha banda, rebaixarase a un máximo histórico o volume de endebedamento bancario que se situou en decembro de 2016 en 2.300.000 euros e que agora situarase por baixo dos dous millóns, algo que non ocorría no últimos quince anos.

Doutra banda, permitirá rebaixar os gastos dedicados a amortización de préstamos, o que se traducirá nun aumento dos recursos destinados atender as demandas veciñais para diferentes investimentos.

Todo iso permitirá liberar recursos económicos para o exercicio do 2018 para actuacións no ámbito social. En canto á débeda viva sitúase nun 19%, mentres que o máximo que permite o Estado é dun 110% o que vén constatar a eficiencia da xestión dos recursos propios do Concello.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal