Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

17 de Marzo, 2017

Proxecto básico e de execución de mellora das condicións de accesibilidade na Casa Arrigada, Cambre

O Concello de Cambre está a executar a obra denominada “Proxecto básico e de execución de mellora das condicións de accesibilidade na Casa Arrigada, Cambre” cun importe total de 54.161,52 €.

 

Este proxecto conta cunha achega outorgada  pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, de 40.621,14 €.

O importe correspondente á axuda está cofinanciado con fondos Feder no progrma operativo Galicia 2014-2020 nunha porcentaxe do 80% obxectivo temático 9-Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación-, prioridade de investimento 9.7-Investimento en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias, e o fomento da inclusión social mediante unha mellora do acceso aos servicios sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais-, obxectivo específico 9.7.1-Investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvovlemento nacional, rexional e local e reduza as desigualdades sanitarias e transición dos servizos institucionais aos servizos locais. A categoría da intervención é a 055 (“outra infraestrutura”) e a actuación a 9.7.1.3: “Conversión e adaptación de vivendas e infraestuturas de servizos sociais a un modelo accesible e acorde coas innovacións sociais e demandas da sociedade, así como a creación e habilitación de espazos públicos de formación, capacitación e investigación”

O proxecto ten por finalidade mellorar as condicións de accesibilidde dos traballadores, visitantes e usuarios do edificio, actuando en varias direccións: por un lado, dotándoa dun ascensor que comunicará todas as plantas que actualmente compoñen a edificación; por outro lado, dado que a implantación do ascensor supón a eliminación dos aseos existentes, cuias condicións físicas non cumplían coas necesarias condicións de accesibilidade, tamén se actúa ubicando uns novos aseos que permitan o seu uso por persoas con condicións físicas disminuídas; e por último, mellora a accesibilidade para persoas con dificultades sensoriais ou cognitivas. Finalmente, intervense reforzando o edificio no seu sistema estrutural para garantir que a introdución dun ascensor non menoscabe as condicións de seguridade de uso.

Trátase polo tanto, de adaptar a edificación á normativa de aplicación regulada pola Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia e o Decreto 74/2013, de 18 de abril, polo que se modifica o Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, para a súa adaptación á Directiva 95/16/CE, do Parlamento Europeo e do “Consejo”, de 29 de xuño, sobre aproximación das lexislacións dos Estados membros relativas a ascensores.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal