Cambre, 20 de novembro de 2017.  O goberno local de Cambre culmina o proceso urbanístico que abriu hai meses para recuperar como espazo público a parcela da reitoral de Cambre, de case 3.000 metros cadrados, que debeu cederse en 2006 tras o desenvolvemento das normas subsidiarias e que ningún dos gobernos anteriores requiriron ao Arcebispado.

Hoxe o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asinou ante notario xunto cun representante do Arcebispado, a cesión da parcela da reitoral de Cambre que permitirá ampliar a zona verde do parque dá igrexa. “É un momento histórico para os veciños de Cambre que recuperan un espazo verde que se conectará co parque xa existente e que se debeu de facer fai xa máis dunha década”.

En febreiro de 2016 o concelleiro de Urbanismo, Juan González Leirós, requiriu ao ente eclesiástico a cesión do terreo ao verificar que non se cedeu cuado desenvolver a unidade de execución UE2  e que, por tanto, debeu ser desde ese momento de titularidade pública. O Arcebispado solicitou entón ao Concello a segregación desta parcela para cederlla ao Concello polo que tamén entendeu que este espazo debía ser de uso público.

O goberno local sinala a boa disposición do Arcebispado e dos técnicos do ente que participaron no proceso e recoñece e agradece o bo facer que demostraron para axilizar o proxecto.

Agora procederase a escriturala e o Concello espera agora o permiso de Patrimonio para abrir este espazo ao actual parque da Igrexa co obxectivo de conectar estas parcelas e aumentar deste xeito o espazo de goce dos veciños no centro do municipio.