Cambre, 30 de xaneiro de 2019.  O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, acudiu hoxe ao instituto David  Buján de Sigrás co obxectivo de participar nunha iniciativa para recadae fondos para a ONG Open  Arms a través dunha viaxe virtual en bicicleta estática que emula o camiño dos refuxiados sirios

Conmemórarase o día escolar da non violencia e a paz cunha  pedalada virtual coa que pretende acompañar no seu camiño aos refuxiados sirios na súa procura dun futuro.

O reto das pedalas consiste nun percorrido de 1.131 quilómetros e tenta lembrar a  Aylan  Kurdi, o neno kurdo de dous anos que apareceu afogado nunha praia de Turquía.

A viaxe virtual de  Kobane a  Bodrum e, de alí, á illa grega de  Kos tenta poñerse na pel dos refuxiados é só un dos obxectivos desta iniciativa.

O reto desenvólvese ao longo de toda a semana e ten coma obxectivo reunir fondos para a ONG  Proactiva  Open  Arms a través das doazóns solidarias por cada quilómetro a pedal.

Os integrantes da ANPA acompañaron hoxe nas pedaladas ao alcalde de Cambre, que agradeceu aos docentes, ONG, e alumnado e ANPAs o traballo que fan cada ano por esta causa e pola súa solidariedade, “un exemplo para todos nós”.

Asemade, colocouse unha hucha no rexistro municipal para que todos os veciños e veciñas de Cambre poidan facer as súas doazóns.