O concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, indica que “na situación na que nos atopamos, o máis importante é garantir a seguridade de todos vos veciños e veciñas do municipio”.
 O goberno local prevé levar a cabo algunha actividade vinculada co pasado romano de Cambre, en xeral, e coa Galaicoi, en particular, facéndoa coincidir coas datas nas que tería lugar a romaría.

A celebración da V Galaicoi terá que esperar, polo menos, ata o ano que vén. Así o confirma o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, que indica que “na situación na que nos atopamos, o máis importante é a seguridade de todos os veciños e veciñas do municipio”. Este ano, a Romaría Castrexo Romana celebraríase entre o 17 e o 19 de xullo e cumpriría o seu quinto ano de vida.

Como explica Boga, “esta edición era moi especial para todos e todas, xa que o evento cumpría o seu primeiro lustro de vida pero, agora, o máis importante é a saúde”. O concelleiro incide en que “xa se está a traballar para celebrala ou ano que vén, sempre e cando a situación sanitaria o permita”.

O goberno prevé organizar algunha actividade vinculada co pasado romano de Cambre, en xeral, e coa Galaicoi en particular, facéndoa coincidir coas datas nas que se ía a celebrar a romaría. “O obxectivo é manter vivo ou espírito desta festa, na que o valor máis importante é a implicación tanto por parte dás asociacións de veciños como por parte dos cambreses e cambresas”.