O Concello de Cambre pon á disposición dos veciños e veciñas do municipio un amplo listado de propostas de lecer para sobrelevar mellor o confinamento. Entre as opcións, atoparedes alternativas culturais, musicais, deportivas, para facer en familia, etc. Para superar esta situación de emerxencia sanitaria canto antes é preciso a colaboración de todos e todas. Por esa razón, pedímosvos, unha vez máis, que evitedes saír dos vosos fogares agás para o imprescindible.

De interese para as familias:

  • Academons Primaria:app  está ofrecendo 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua, Inglés e ciencias.
  • Ta-tum (Grupo editorial Edelvives): ofrece acceso gratuíto ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura.
  • Smartick: esta aplicación está ofrecendo acceso 15 días gratis para repasar Matemáticas.
  • Genially: plataforma para facer presentacións interactivas que ofrece, por un tempo limitado, as súas plantillas e recursos premium gratis.
  • AMCO: acceso a xogos de Matemáticas e Lingua a través da súa app. Gratuíto por tempo limitado.
  • Smile and Learn: aplicación para os máis pequenos e pequenas. A través desta ferramenta está ofrecéndose acceso gratuíto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.
  • Cerebriti Edu: ofrece os seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso.
  • Aulas Galegas: portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores no que se publica diariamente material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
  • Educar: recursos para alumnos e alumnas de educación Inicial, Primaria e Secundaria.
  • Educlan: iniciativa que ofrecerá recursos educativos de calidade que se complementarán cos produtos de entretemento de Clan. Este recurso estará dispoñible durante o período de suspensión das clases presenciais.
  • Proyecto EDIA (CeDEC): promove e apoia a creación de dinámicas de transformación dixital e metodolóxica nos centros para mellorar o aprendizaxe dos alumnos e alumnas e promover novos modelos de centro educativo. Conta con recursos e contidos educativos dixitais de calidade, desenvolvidos nun software libre, multilingüe e multiplataforma.
  • Recursos históricos do Ministerio de Educación e Formación Profesional: ofrécense decenas de recursos organizados en función de cada etapa educativa.
  • Proyecto EDAD: novo modelo de libro interactivo que permite aos estudantes aproveitar as vantaxes das tecnoloxías da información para mellorar o seu aprendizaxe autónomo e axilizar a comunicación cos seus titores.
  • Leoveo_: espazo especializado en literatura infantil e actividades familiares: contacontos, bebecontos e obradoiros.
  • Los Titiriteros de Binéfar: sesións de contacontos para os cativos e cativas.
  • Instituto de Magiashows de maxia para toda a familia onlines e gratuítos.
  • cuentoscortos.com
  • Pictocuentos: páxina para axudar aos nenos e nenas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral e que se comunican máis eficientemente mediante imaxes.
  • IXL: é unha experiencia de aprendizaxe inmersivo que ofrece contidos de matemáticas completos e adaptados aos programas de estudos de Infantil a 6º de Primaria.
  • Cuentacuentos con Beatriz Montero
  • 7 Escape Room online e gratuítos
  • Conto Mi héroe eres tú: ¡cómo pueden los niños luchar contra el COVID-19!
  • Aprendo en casa: portal que te como obxectivo canalizar recursos, ferramentas e aplicacións educativas de calidade a disposición do profesorado, das familias e do propio alumnado.
  • Espazo Abalar: principais servizos dixitais educativos que se poñan a disposición da comunidade educativa, así como manuais e canles de comunicación para consultas, comentarios, etc.
  • Laboratorio. Escóitasme? da Fundación Luis Seoane.

Formación:

  • Cursos MOOC da Universidade da Coruña: a palabra MOOC significa Massive Online Open Courses, ou o que é o mesmo, cursos online masivos e abertos. Na ligazón poderedes ver algunhas propostas da Universidade da Coruña, así como as ligazóns doutras páxinas e ferramentas que ofrecen programas formativos gratuítos.
  • Aprender Gratis: plataforma onde hai cursos, titoriais, guías e manuais para que poidades aprender pola vosa conta. A meirande parte dos recursos son gratuitos e pódense realizar de xeito online.
  • Miriadax: plataforma con decenas de programas formativos sobre todo tipo de temáticas.
  • BBC Learning English: vídeos e materiais para aprender inglés. Conta con recursos para os nenos e nenas, pero tamén para persoas adultas.
  • UC3M: plataforma da Universidad Carlos III de Madrid con acceso libre a unha gran variedade de cursos en Ciencias Sociais e Xurídicas, Humanidades e Enxeñería.
  • Coursera: plataforma na que se ofrecen centos de cursos e titulaciós, moitas delas totalmente gratuítas.
  • Google Actívate: cursos gratuítos con certificación sobre desenvolvemento profesional, márketing dixital e datos e tecnoloxía.
  • Aula Planeta: recursos dixitais para que profesores poidan manter as clases con normalidade cos seus alumnos e de xeito online.
  • Kalandraka TV: páxina con contos para os máis cativos e cativas da casa.
  • Cruz Vermella: formacións sobre o coronavirus -coñecementos básios e medidas preventivas-, primeros auxilios básicos.

Información:

  • Radio Garden: páxina web onde se poden escoitar emisoras de radio de todo o mundo.

Deportes:

Apps móbiles:

  • Yoga | Down Dog
  • Yoga para principiantes | Down
  • Yoga Wave: ejercicios en casa
  • Seven-7 – 7 minutos de ejercicio
  • Freeletics – Training Coach
  • 7 Minute Chi – Meditate & move
  • Nike
  • Adidas
  • Trainingym: dirixida aos usuarios e usuarias das actividades deportivas do Concello de Cambre.

Canais de Youtube e páxinas web: 

Contas de Instagram:

Música:

  • #YoMeQuedoEnCasaFestival é unha proposta coa que os veciños e veciñas poderán gozar da mellor música desde o perfil de Instagram dos teus artistas favoritos.
  • #CuarentenaFest, un festival de música en streaming en tempos difíciles.
  • A Filarmónica de Berlín ofrece acceso gratuíto a todos os seus concertos e documentais a través da súa web.
  • Spotify: a canle de música por excelencia, na que atoparedes música de miles de artistas e xéneros musicais.
  • Deezer: na súa opción Deezer Free poderedes escoita música de balde.
  • Radio Picariña: listado de cancións infantís.

Lectura:

  • eBiblio: servizo de préstamo de libros electrónicos
  • Free-Ebooks: permíteche descargar, de xeito gratuíto, 5 títulos cada mes de entre os dispoñibles no seu catálogo.
  • Amazon: a compañía dispón dunha selección de libros de balde.
  • Feedbooks: permite a descarga gratuíta de clásicos -maioritariamente en lingua inglesa-, así como de libros cedidos polos seus autores e autoras en lingua española.
  • Freeditorial: descarga gratuíta e lectura online de distintos xéneros e autores.
  • Cervantesvirtual: os clásicos en lingua española.
  • Childrenslibrary: libros para os cativos e cativas en diferentes linguas e clasificados por idades.
  • Loyalbooks: amplo catálogo de libros e autolibros en lingua inglesa.
  • Hearst: plataforma para ler online as revistas Hearst de xeito gratuíto ata o 30 de abril.
  • Blackie Books: a través da súa iniciativa #CasaBlackie organizou un club de lectura en pixama con charlas, lecturas e monólogos de escritores.
  • Planetalibros.com: decenas de libros para toda a familia: novelas, cociña, manga, etc.
  • Kailas Editorial: ofrece tres libros gratis cada semana a través do seu blog.
  • Biblioteca da Deputación da Coruña: servizo de préstamo dixital gratuíto aos 93 concellos da Coruña e a todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia.
  • Galiciale.gal: catálogo dixital da Xunta de Galicia con máis de 4.500 obras.

Cine, series, documentais e teatro:

Museos virtuais e patrimonio histórico:

Cociña:

Manualidades: