Os primeiros clasificados levaron cada un, un móbil de última xeración Samsung Galaxy nos seus modelos A7, J6 e J4, e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. Os segundos recibiron tamén este lote de libros e un pau selfie.

Cambre, 24 de maio de 2019. O Concello de Cambre entregou os premios aos gañadores e gañadoras da III edición do concurso de selfies “Faite un Cambrie”. O evento tivo lugar hoxe, venres 24 de maio, no propio Concello. O certame tiña como obxectivo a posta en valor do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do municipio a través dos selfies das persoas participantes.

As gañadoras da categoría “Mellor selfie foron Inés Maceiras (1º premio) e Sheila Canzobre Martín (2º premio).

En “Mellor Selfie Grupal” o usuario de Instagram @lemoncoutureandphoto fíxose co primeiro premio, seguido de cerca por @tizas_decolores, que quedou segunda.

Por último, na terceira categoría, “Mellor Selfie Máis Divertido”, os gañadores do primeiro e segundo premio foron Marta García Carregal e Aspy Luison, respectivamente.

.