O Concello de Cambre segue apostando por mellorar as infraestruturas e servizos dos veciños e veciñas do municipio. Baixo esta premisa, o equipo de goberno acaba de finalizar as obras de remodelación, mantemento e conservación no Paseo dos Templarios. Este proxecto acometeuse no tramo que une o CEIP Portofaro e a Biblioteca Municipal, e serviu para incrementar o número de prazas de aparcadoiro para os residentes da zona.
Antes das intervencións executadas, o Paseo dos Templarios dispoñía de zona peonil, calzada para o tráfico rodado e áreas axardinadas con arboledo, farois e bancos. Na marxe da calzada situado ao lado da ría había isletas axardinadas que separaban a estrada da beirarrúa e utilizábanse para estacionar. Estes isletas atopábanse completamente deterioradas e sen vexetación, afeando a estética do paseo.
O proxecto do Concello serviu para acondicionar estes isletas como prazas de estacionamento, para construír outras que serven para separar cada un dos ocos de aparcamento e para colocar 9 árbores, revitalizando así esta zona. O alcalde, Óscar García Patiño, sinalou que con este proxecto buscábase un dobre obxectivo: por unha banda, mellorar a estética da zona e, polo outro, “solucionar a escaseza de estacionamento nesta zona incrementando ou número de ocos para aparcar”.
Estas obras realizáronse cun orzamento de 55.000 euros, financiados a cargo do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña.