Este documento, elaborado como parte do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible, realizouse de forma coordinada entre as Concellerías de Urbanismo e Obras e Medio Ambiente e Mobilidade.

O Concello de Cambre adheriuse, en febreiro de 2019, ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible –naquel momento, o Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía-. Con esta adhesión, adquiriuse tamén o compromiso de elaborar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía SostiblesPACES– para definir as liñas estratéxicas a nivel municipal para afrontar as consecuencias derivadas do cambio climático. O Concello celebrará mañá, martes 17 de novembro, un pleno extraordinario no que se dará a coñecer este documento, que propón 29 accións para mellorar a eficiencia enerxética e para diminuír as emisións de CO2 en, polo menos, un 40% para o ano 2030.

Este proxecto realizouse, de forma coordinada, entre as Concellerías de Urbanismo e Obras e a de Medio Ambiente e Transporte. O concelleiro de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, e a responsable de Medio Ambiente e Transporte, Patricia Parcero, coinciden en sinalar que a adhesión de Cambre ao pacto reafirmou un compromiso que o Concello leva “anos manifestando a través do impulso de proxectos para mellorar a eficiencia enerxética no municipio”. Entre eles, os concelleiros destacan as intervencións para introducir a tecnoloxía LED en 2.061 puntos de luz do Temple, Cambre, A Barcala e o polígono do Espírito Santo.

Como explican os responsables destas áreas, a consecución destas metas responderá a dous dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que a Unión Europea marca para 2030: Enerxía alcanzable e non contaminante e Acción polo clima.

O PACES preséntase como un plan chave, non só para analizar as accións que o Concello levou a cabo para mitigar os efectos do cambio climático, senón tamén a liña de actuación dos próximos anos. Así, por unha banda, o documento inclúe un Inventario de Emisións de Referencia –IER- e unha batería de accións de mitigación. Estas supoñerán un aforro de 22.396,02 tCO2 eq para o ano 2030. É dicir, unha redución do 40,77% respecto a as emisións do ano 2011 (54.928,07 toneladas de CO2 eq). En concreto, estas son as medidas que se propoñen:

Edificios municipais
• Realización dunha auditoría e cualificación enerxética de edificios e equipamentos
• Implantación dun sistema de contabilidade eléctrica.
• Instalación de sistemas de telexestión en equipamentos de alto consumo
• Incorporación de criterios de valoración de compra de enerxía verde nos contratos eléctricos de equipamentos e instalacións municipais e de iluminación pública
• Campaña de sensibilización nas dependencias municipais para fomentar boas prácticas ambientais
• Labor exemplarizante da administración local en materia de eficiencia enerxética en edificios e instalacións municipais
• Actuacións de aforro e mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais segundo as auditorías realizadas
• Instalación de caldeiras de biomasa para calefacción e ACS en equipamentos municipais
• Implementación de programas de concienciación e boas prácticas enerxética nas escolas municipais. Proxecto educativo Euronet 50/50

Edificios residenciais e sector terciario
• Creación dun servizo de asesoramento en materia de enerxía e cambio climático para o sector residencial
• Creación dun servizo de asesoramento en materia de enerxía e cambio climático para o sector terciario
• Ordenanza municipal para a regulación e fomento de instalacións de enerxías renovables no sector residencial e terciario
• Fomentar o cambio de caldeiras de combustibles fósiles por caldeiras máis eficientes
• Campañas para fomentar o uso racional da enerxía e a instalación de enerxías renovables

Iluminación pública
• Auditoría da iluminación pública
• Mellora da eficiencia enerxética na iluminación pública mediante a implantación de solucións LED
• Implantación de sistemas de telegestión da iluminación pública

Frota municipal
• Renovación da frota municipal. Adquisición ou renting de vehículos eléctricos e/ou máis eficientes
• Uso de biocombustible nos vehículos compatibles da frota municipal
• Convenio co sector do taxi para a realización do servizo de transporte intermunicipal
• Implantación de sistema público de aluguer de bicicletas

Transporte privado e comercial
• Bonificacións fiscais para vehículos de baixas emisións
• Realización dun plan de mobilidade sostible

Produción local de enerxía
• Implantaciión de instalacións solares fotovoltaicas en edificios municipais

Outras
• Incorporación de cláusulas ambientais nos pregos de prescricións técnicas dos servizos externalizados
• Accións para fomentar e incrementar a recollida selectiva de residuos
• Aproveitamento e xestión de biomasa vexetal en leiras forestais no ámbito da prevención e defensa contra incendios forestais, para o seu aproveitamento enerxético en instalacións de caldeiras de biomasa

O documento, ademais, accións específicas que permitan ao municipio ter unha maior resilencia fronte aos efectos do cambio climático. En concreto, especifícanse as iniciativas relacionadas cos riscos considerados:

Calor extrema
• Establecer avisos directos á poboación sensible ás ondas de calor

Secas
• Elaborar un catálogo de puntos de auga e un plan de mantemento e seguimento da calidade da auga
• Elaboración do Plan Director de Auga
• Ordenanza de aforro de auga
• Redacción do Plan Director de zonas e espazos verdes

Incendios forestais
• Impulsar instrumentos de ordenación forestal e actuacións en leiras forestais (prioridade zonas PEG)
• Fomentar a implantación de actuacións de custodia do territorio
• Preparar e reforzar os hidrantes do municipio para casos de incendio
• Elaboración do Plan de xestión forestal para a prevención de incendios Ordenanza de aforro de auga

Inundacións
• Elaboración do Plan Director de Rede de Sumidoiros

A realización do PACES contou co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).