Cambre, 24 de xaneiro de 2019.  No día de hoxe a concelleira de Desenvolvemento Socioeconómico, Leonor Fernández, e a concelleira de Igualdade, María Jesús Gómez, fixeron entrega á Despensa Municipal de Alimentos de  vinte cestas  procedentes da Campaña de comercio local de Nadal que non saíron premiadas.

O obxectivo é distribuír os alimentos  as persoas usuarias do banco. As cestas conteñen un variado  e amplo surtido de produtos de embutidos, doces, conservas e produtos típicos de Nadal.

Segundo Leonor Fernández, decidiuse que  as cestas que non saíron premiadas fosen entregadas ao banco para a xente que por desgraza non puido ter este tipo de produtos no Nadal.