Atendendo á evolución epidemiolóxica da COVID-19 na comunidade, a Xunta de Galicia modificou as restricións a través dunha orde no Diario Oficial de Galicia. As principais novidades que afectan a Cambre son as seguintes:
- Cambre atópase en nivel medio de restricións, polo que se permiten os desprazamentos a outros concellos que se atopen neste mesmo nivel.
- A hostalaría poderá abrir en exterior -cun aforo ao 50%- e en interior -cun aforo ao 30%-. A hora de peche será ás 18.00 horas.
- As reunións están limitadas a un máximo de 4 persoas NON conviventes.
- Permítese a apertura das instalacións deportivas. O deporte estará limitado a grupos de máximo 4 persoas e será obrigatorio o emprego da máscara.
A maiores, lembrámosvos a importancia de cumprir, en todo momento, coas medidas de prevención para evitar contaxios pola COVID-19:
- Empregade a máscara.
- Mantede a distancia de seguridade.
- Lavade as mans con frecuencia.
- Evitade as aglomeracións de xente.
Arquivos e información de interese
Información sobre o novo coronavirus proporcionada polo Ministerio de Sanidad
Protocolo e guía de boas prácticas para establecementos de comercio
Que debes saber sobre o novo coronavirus: síntomas e medidas
Información de interese relacionada co coronavirus e os animais de compañía
Alternativas de lecer para facer desde a casa durante o confinamento