Por medio desta iniciativa, o goberno local busca promover a inserción laboral e social daqueles veciños e veciñas de entre 16 e 25 anos que se atopen fose do sistema educativo regrado.
Desde o 2018, ano no que se iniciou este programa, a concellería de Benestar Social atendeu a un total de 53 cambreses e cambresas.
Esta medida enmárcase na Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020), operación financiada pola Unión Europea. Forma parte do programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, co que se busca impulsar a igualdade, a saúde e a inclusión social. A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social e o Programa Operativo do Fondo Social Europeo financia o proxecto con 60.679,34 euros.

Promover a inserción laboral e social dos mozos que se atopan fóra do sistema educativo regrado. Ese é o obxectivo do proxecto Prisma, unha iniciativa que a concellería de Benestar Social iniciou no ano 2018 e que, ata a data, logrou numerosos logros. Tanto é así, que desde a posta en marcha deste programa, o Concello axudou a un total de 40 mozos, favorecendo, en varios casos, a súa inserción no mercado laboral e promovendo, noutros, que retomasen os seus estudos.

Esta medida enmárcase na Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020), operación financiada pola Unión Europea. Forma parte do programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, co que se busca impulsar a igualdade, a saúde e a inclusión social. A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social e o Programa Operativo do Fondo Social Europeo financia o proxecto con 60.679,34 euros.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, a concelleira de Benestar Social, Lúa Sanguiñedo, e técnicas de Servizos Sociais explicaron hoxe a liña de traballo, os obxectivos e os éxitos alcanzados a través de Prisma. Durante a súa intervención, o rexedor incidiu na “necesidade de seguir promovendo este tipo de iniciativas, coas que se consegue axudar aos mozos que están fóra do sistema educativo regrado”. Na mesma liña, Sanguiñedo explicou que o éxito do programa reside, precisamente, “no traballo coordinado entre diferentes departamentos do Concello”. Ademais de Benestar Social, as áreas de Xuventude, ADL e Cultura colaboraron con Prisma, converténdoo nunha “auténtica rede de traballo”. Tal e como comentou a concelleira, “o obxectivo do goberno local é seguir apostando por este tipo de iniciativas nos próximos anos”.

O proxecto arrincou no ano 2018, e desde entón, atendeuse a un total de 53 persoas. Da cifra, o Concello logrou que 40 mozos retomen os seus estudos ou atopen traballo: 11 deles están a traballar, dez están a realizar cursos de formación –entre eles, programas formativos como os cursos de Soldadura que se están impartindo no Centro Municipal de Formación de Cambre-, 13 retomaron os seus estudos –Educación Secundaria para Adultos e ciclos medios de formación profesional – e seis comezaron as clases de preparación e superaron as probas de Competencias Clave.

Para conseguir estes resultados e dar cumprimento aos obxectivos do programa, a técnica en integración social –cunha dedicación completa- imparte, durante tres días á semana, talleres sobre as seguintes temáticas: igualdade de xénero; prevención e redución de riscos no consumo de drogas; pautas para unha futura emancipación; habilidades sociais, procura de emprego -creación de currículos, preparación de entrevistas, etc. Estes bloques formativos poden modificarse, iso si, en función das necesidades dos usuarios. Ademais dos talleres, os mozos participan en múltiples saídas de lecer, como as organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre. A técnico atende, de maneira personalizada, a cada participante realizando seguimentos e derivacións a outras entidades cando é preciso.

Os veciños e veciñas interesados en participar neste proxecto poden contactar cos Servizos Sociais do Concello de Cambre no teléfono 981 65 48 12 ou no correo electrónico ser_sociales@cambre.org.