Estas vías pertencen ás parroquias de Pravio, Cambre, Bribes, Andeiro, Anceis, Meixigo e Cecebre.
O concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, explica que con esta medida conséguense varios obxectivos: “por unha banda, increméntase o patrimonio do Concello e, polo outro, ao ser de titularidade municipal, garántese a conservación, o coidado e o mantemento destas vías ao longo de todo o ano”.

O Concello de Cambre celebrará este xoves, 25 de febreiro, unha sesión do pleno ordinario na que o goberno local propoñerá a actualización do Inventario de Bens e Dereitos Municipais. Se esta medida recibe luz verde por parte da corporación municipal, supoñería a incorporación de 18 camiños a este rexistro e que pasarían, por tanto, a ser de titularidade municipal.

Estas vías están situadas nas parroquias de Pravio, Cambre, Bribes, Andeiro, Meixigo, Anceis e Cecebre e a súa inclusión no inventario responderá as demandas dos veciños e veciñas de cada zona.

Como explica o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, con esta medida conséguense varios obxectivos: “por unha banda, increméntase o patrimonio do Concello e, polo outro, ao ser de titularidade municipal, garántese a conservación, o coidado e o mantemento destas vías ao longo de todo o ano”.

O responsable de ambas as áreas incide, ademais, en que a suma de novas vías ao Inventario de Bens e Dereitos Municipais repercutirá, sen dúbida, “na mellora da seguridade viaria, ao atoparse estes camiños nunhas mellores condicións tanto para o tránsito de vehículos como de peóns”.