Os programas formativos arrincarán o 8 de novembro no Centro Municipal de Formación de Cambre.
O alumnado participante poderá realizar prácticas en empresas e obterá un certificado de profesionalidade unha vez termine o programa.

O Centro Municipal de Formación do Concello de Cambre acolle, ao longo do ano, unha ampla oferta formativa. Entre as propostas destacan os dous programas de soldadura do Concello, dirixidos a unha trintena de persoas desempregadas: por unha banda, o curso de Soldadura oxigás e soldadura MIG MAG e, polo outro, un curso de Soldadura con eléctrodo revestido e TIG. Estes programas formativos están subvencionados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia por medio do Plan de Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados (AFD).

A través destes cursos, 100% gratuítos, o alumnado poderá realizar prácticas en empresas e obterá un certificado de profesionalidade unha vez termine a formación. As persoas interesadas en participar deberán estar desempregadas e contar co título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.

As persoas que necesiten máis información poderán contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local chamando ao teléfono 981 61 31 96 ou enviando un correo a adl@cambre.org.