O Concello de Cambre reabrirá o vindeiro luns, 25 de maio, os rexistros municipais de Cambre e A Barcala. Farao, iso si, cun protocolo para garantir a seguridade tanto do persoal traballador como dos propios veciños e veciñas do municipio.

O horario de atención nestas dependencias será de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Con todo, os veciños e veciñas que desexen acudir presencialmente deberán solicitar cita con, polo menos, 24 horas de antelación a través dalgún das seguintes canles:

– Por medio do teléfono 981 61 31 28.
– A través do correo electrónico cambre@cambre.org.

Para acceder ás instalacións, os usuarios e usuarias deberán desinfectarse as mans previamente utilizando os dispensadores situados á entrada das instalacións. Así mesmo, tanto os veciños e veciñas como o persoal traballador portarán máscaras co fin de reducir ao máximo os riscos de contaxio por COVID-19.

Como explica a concelleira de Economía, Facenda e Recursos Humanos, María Pan Lesta, “agora mesmo, a protección dúas veciños e veciñas e do persoal traballador do Concello é a nosa máxima prioridade. Por iso, elaboramos este protocolo para abrir con seguridade os Rexistros de entrada de Cambre e A Barcala”.