O rexedor destaca a importancia destas actuacións, que supoñen “asegurar a seguridade dos viandantes adoptando medidas para garantir a redución de velocidade dos vehículos que empregan esta vía”.
Estes elementos contan cun pulsador anticovid, polo que as persoas que desexen cruzar non teñen por que tocar o interruptor para que este se active.

O Concello de Cambre reafirmou, unha vez máis, o seu compromiso coa seguridade viaria. Fíxoo mediante a instalación de semáforos na estrada que une Cambre e O Temple. Estes traballos leváronse a cabo na DP-1706, a vía que conecta os dous núcleos de maior poboación do municipio e que, ademais, dá acceso á urbanización A Barcala. Estes elementos incorporan un pulsador anticovid, polo que as persoas que desexen cruzar non teñen por que tocar o interruptor para que este se active. Así, con pasar a man por diante do mesmo, o semáforo activarase permitíndolles o paso.

García Patiño incide na “importancia” destas intervencións, que dan resposta ás demandas dos veciños e veciñas, incrementando a seguridade para os viandantes que atravesan a estrada polo paso de peóns. O obxectivo, tal e como indica o rexedor, “é asegurar a seguridade dos peóns adoptando, para iso, medidas que garantan a redución de velocidade dos vehículos que transitan por esta vía”. A previsión do Concello é completar estas intervencións coa colocación de iluminación puntual na zona.