A iniciativa está dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación Infantil, aos estudantes de toda Primaria e aos de 1º da ESO.

O goberno local promove, ao longo do curso escolar, diferentes iniciativas coas que busca promover a conciliación dos veciños. É o caso do programa Xogando no Nadal, co que se ofrecerán actividades lúdico-deportivas e culturais aos nenos e nenas durante o período vacacional do Nadal. A iniciativa está dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación Infantil, aos estudantes de toda Primaria e aos de 1º da ESO. Este ano, nunha nova aposta pola conciliación, o Concello aumentou un 20% o número de prazas ofertadas, pasando das 140 (70 por quenda) de 2019 ás 168 (84 por quenda) desta edición.

En todo caso, do mesmo xeito que na convocatoria anterior, a convocatoria estará supeditada ao protocolo covid-19 vixente nas datas de celebración. O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, incide na importancia deste tipo de medidas, sobre todo na situación actual, “na que este tipo de iniciativas cobraron unha maior importancia”.

O programa terá lugar no CEIP Wenceslao Fernández Flórez os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, así como o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022 repartidos en dúas quendas: o primeiro irá do 22 ao 31 de decembro e o segundo do 3 ao 7 de xaneiro –salvo o festivo do día 6-.

O programa contará con servizos complementarios como Mañanceiro, comida e transporte, que se poñerán en marcha en función da demanda existente para cada un deles.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns, 29 de novembro. A documentación poderá presentarse a través destas canles:

  • Por medio da sede electrónica do Concello.
  • En calquera dos rexistros, debendo pedir cita previamente no teléfono 981 61 31 28 ou da web.