Coincidindo co inicio da Fase 1 do desconfinamiento, o goberno local tomou a decisión de entregar material de protección entre os negocios do municipio que o precisasen.
Os establecementos de Cambre poderán solicitalo contactando con ADL ou enchendo un formulario dispoñible na páxina web municipal.

O Concello iniciou, hai pouco máis dunha semana, un servizo de repartición de kits con material de protección entre os locais comerciais e hostaleiros do municipio. Ata a data, o Servizo de Emerxencias e Protección Civil realizou preto de 130 entregas de packs con luvas, máscaras e xel hidroalcohólico entre os establecementos. Os negocios tiveron a opción, así mesmo, de solicitar pantallas de protección e cinta de sinalización.

O goberno local tomou esta decisión despois das reunións que o alcalde, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla Rei, mantiveron nas últimas semanas coas seguintes asociacións: Cambre Empresarial, O Temple Comercial e a Asociación de Empresarios do Polígono Espírito Santo. Durante as videoconferencias, alcanzouse o compromiso de que o Concello subministraría material de protección a aqueles establecementos que aínda non puideran conseguilo. Como explica Alcantarilla Rei, “o obxectivo é que os responsables e empregados e empregadas poidan retomar a súa actividade coas máximas garantías de seguridade”.

Os negocios poderán solicitar estes packs por medio das seguintes vías: