A oferta realizarase entre novembro e decembro de 2022, e incluirá ioga, taichi, relaxación e ximnasia de mantemento (tamén para a 3ª idade).

Os veciños e veciñas poderán apuntarse desde mañá, xoves 8 de outubro, nas Escolas de actividades físicas e de saúde de Cambre. Atendendo á boa situación epidemiolóxica no municipio e á flexibilización das restricións, o Concello decidiu retomar a súa oferta, que se realizará entre novembro de 2021 e decembro do 2022 -salvo xullo e agosto-. O concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, explica que “a pandemia supuxo un cambio nas rutinas da veciñanza e a adopción, en moitos casos, de hábitos de vida sedentarios. Con esta oferta, queremos promover un estilo de vida máis saudable entre a cidadanía, contribuíndo dalgún xeito a que volvan incorporar o deporte non seu día a día”.

As accións realizaranse seguindo un estrito protocolo de seguridade para reducir o risco de contaxio pola covid-19. Así, haberá un número máximo de participantes por cada iniciativa, podendo incrementarse en función das características dos locais e das novidades nas normativas sanitarias.

A nova convocatoria das Escolas de actividades físicas e de saúde incluirá as seguintes propostas:

  • Ioga: luns e mércores de 18.45 a 19.45 horas no ximnasio Oliver Docampo.
  • Taichi: martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas no ximnasio Oliver Docampo.
  • Relaxación Graxal: luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas no centro sociocultural Graxal.
  • Relaxación A Barcala: martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas no centro sociocultural A Barcala.
  • Tenis Brexo: martes de 21.00 a 22.00 horas e sábado de 13.00 a 14.00 horas na pista Bernardo Bish.
  • Tenis O Temple: xoves de 21.00 a 22.00 horas e domingo de 12.00 a 13.00 horas na pista do Temple.
  • Ximnasia de mantemento de Cambre: luns, mércores e venres de 18.15 a 19.15 horas no pavillón Sofía Toro.
  • Ximnasia de mantemento Brexo: luns, mércores e venres de 19.30 a 20.30 horas na pista Bernardo Bish.
  • Ximnasia de mantemento O Temple: luns, mércores e venres de 21.00 a 22.00 horas na pista do Temple.
  • Ximnasia de mantemento Os Campóns: luns, mércores e venres de 19.30 horas a 20.30 horas na pista de Os Campóns.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade O Temple: luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas no centro da 3ª idade do Temple.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade Cecebre: martes e xoves de 18.00 a 19.00 horas.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade de Meixigo: martes e xoves de 11.00 a 12.0 horas na Casa do Pobo.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade de Santa María de Vigo: luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas no centro da 3ª idade de Santa María de Vigo.

As actividades cun mínimo de persoas participantes comezarán o 2 de novembro, manténdose aberta a inscrición ás Escolas durante todo o ano. Os interesados poderán tramitar a súa solicitude nos rexistros municipais solicitando, para iso, cita previa, ou na sede electrónica.