A Casa da Cultura Vila Concepción acolleu o mércores 27 de novembro a entrega de premios aos carteis de Nadal elaborados polo alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria dos centros educativos do municipio. Yéssica Carreira Silveira, estudante de 3º de primaria no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, fíxose co primeiro premio. Grazas a este galardón, o seu debuxo converterase na imaxe do cartel promocional da Cabalgata de Reis do Concello de Cambre.

Á entrega de premios acudiron o concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, e a concelleira de Cultura, Mónica Varela. Ambos os concelleiros felicitaron aos pequenos e pequenas participantes polo traballo realizado, e sinalaron o “gran nivel de todas as ilustracións”.

Os pequenos galardoados poderán participar, de forma gratuíta, nalgún dos campamentos urbanos que organiza o Concello de Cambre.