Cambre, 11 de setembro de 2017. O Temple acolleu o pasado venres 8 de setembro por primeira vez na súa historia un mercado de productos frescos, textil, agrario ou calzado, semellante ao mercado do campo da feira do centro do municipio. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e a concelleira de Desenvolmento Local, Leonor Fernández, tras analizar o evento do pasado venres realizarán unha serie de cambios nas vindeiras edicións desta feira co obxectivo de mellorar a súa productividade tanto para os comerciantes do Temple como para os feirantes. O pasado venres detectáronse  elementos que se poden corrixir para “facer pouco a pouco un bo feirón”.

Segundo o propio alcalde, “durante a posta en marcha desta feira observáronse cousas que se poden mellorar como o cambio de ubicación de postos, saída dos garaxes, visibilidade dalgúns comercios,  e polo tanto teremos que tomar medidas para mellorar a feira. Aínda así estamos satisfeitos polo comezo desta iniciativa que  impulsará o noso tecido comercial e hostaleiro no Temple”, apuntou. O mercado terá lugar, en principio, os segundos venres de cada mes e contará con 82 postos repartidos polas rúas de Paseo Marítimo, Praza Manuel Murguía, Párroco M. Cobas e Celso Emilio Ferreiro. Houbo máis de 148 solicitudes de vendedores ambulantes e fíxose un concurso público para adxudicar os 82 postos que formarán a feria.

Durante o verán o horario da actividade comercial será de 16.00 a 21.00 horas, e durante o período invernal será de 9.00 a 14.00 horas. A parroquia do Temple, a máis poboada do municipio e a que conta con maior actividade comercial, demandaba esta feira que tenta a dinamización comercial e hostaleira na zona e coma punto de encontro de toda a veciñanza do municipio.