O Concello acaba de rematar a segunda fase do proxecto de reordenación, que consistiu na creación dunha praza pública nesta zona.
Estas actuacións deron continuidade ás da primeira fase, na que se demoleron varias edificacións que constituían un tapón urbanístico.
Con este plan, o equipo de goberno suma un novo espazo público de lecer e esparexemento e mellora as condicións de seguridade e accesibilidade no centro do municipio.

 

O núcleo urbano de Cambre loce, desde esta semana, unha imaxe completamente renovada. O cambio responde o proxecto de reordenación urbana que afectou á estrada AC-214 e ás rúas Balado, Carballo, González Garcés e Pablo Manzano, que está practicamente rematado. Con estas actuacións, o equipo de goberno buscou sumar un novo espazo de lecer e esparexemento para os veciños e veciñas do municipio.

A través destes traballos, que se realizaron cun importe de 165.243 euros, o equipo de goberno incrementa o espazo de lecer e esparexemento para os veciños e veciñas da zona centro. En concreto, o investimento serviu para crear unha nova praza que conta, non só con novo mobiliario urbano, senón tamén cunha marquesiña de transporte público. Así, como parte deste proxecto, recolocouse a parada do autobús para mellorar, non só as condicións de seguridade dos usuarios do transporte colectivo, senón tamén para reducir os atascos nesta zona. Esta nova infraestrutura conta, ademais, con cuberta para que as persoas que esperan polo autocar estean resgardadas en caso de choiva.

FOTO CAMBRE-El núcleo urbano de Cambre estrena una imagen renovada después de rematar las obras de O Balado 3

O Concello suma así un novo espazo de lecer e esparexamento para os veciños e veciñas

O plan incluíu tamén a renovación do pavimento na AC-214 e creación dunha senda peonil elevada nesta estrada que conecta o Campo da Feira e a nova praza. A obra completouse coa colocación de árbores neste espazo público.

Tal e como explica o alcalde, Óscar García Patiño, o obxectivo destas intervencións foi “dotar ao concello de máis lugares públicos e mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade non centro do municipio”.

Previamente á finalización desta segunda fase, o Concello acometeu a primeira, que consistiu na demolición de varias vivendas e edificacións que crearan un tapón urbanístico nesta área.