A programación cultura e de ocio continúa no Concello de Cambre. A próxima actividade terá lugar este domingo, 15 de setembro ás 19.00 horas, no Parque da Igrexa de Cambre. Ese día, o humorista e monologuista Pedro Brandariz ofrecerá unha sesión de contacontos para todos os públicos. Ao longo do espectáculo, Pedro Brandariz narrará, contará e escenificará contos e historias da tradición galega.

A actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa Cultura no Camiño 2019.