Cambre, 28 de decembro de 2018. A concelleira de Promoción Económica, Leonor Fernández, acudiu ao Temple ao comercio “J Kids” para entregar a primeira das cestas, valorada en 250 euros,  que tocaron dentro da campaña de comercio do Nadal “En Nadal comprar en Cambre que  ten premio” que ten como obxectivo dinamizar e potenciar ao pequeno e mediano comercio e á hostalería cambresa en época do Nadal.

No marco da campaña destaca o Rasca e Gaña que este ano repartirá 34.000 boletos, que agochan 219 premios) entre todos os establecementos do municipio e onde os clientes ao facer calquera compra optan a bonos para gastar nas tendas de cambre de 5, 10, 20, 30, 100 euros para facer as súas compras de nadal antes do 6 de xaneiro e haberá bonos especiais de 200, 300 e 500 euros para gastar durante o mes de febreiro. Os bonos de compra repartidos esconden premios por un total de 15.000 euros. Os rascas repartiranse desde hoxe nos máis de 160 establecementos inscritos na acción promocional e que se dedican ao comercio, hostalería ou barbería ou estética. Por outra banda, tamén poderán tocar as 75 cestas de Nadal valoradas desde 60 euros ata os 250 euros.

Este ano para lograr unha maior atracción aos comercios cambreses programouse unha exhaustiva programación cultural con concertos, máxia, xogos, etc, etc. Vanse programar entre 16 actuacións de animación de rúa para o público en xeral pero especialmente para os mais pequenos, con temáticas relacionadas co Nadal. As actuacións estarán distribuídas entre O Temple, A Barcala e Cambre.