Percorrido das 6 h BTT Concello de Cambre

Cambre,  21 de marzo de 2019.  Este sábado 23 de marzo, no entorno do paseo do río Mero (parroquia de Cambre), desenvolverase a proba ciclista 6h BTT Concello de Cambre.

Por este motivo informamos que os tramos entre as pontes das Ínsuas e O Noceiro permanecerán pechados entre as 9:00h e as 16:30h deste sábado 23 de marzo.

A proba organizada conxuntamente entre o concello de Cambre e o Clube Ciclista Cambre, contará con máis de 160 inscritos e terá a súa saída  ás 10:00h no entorno do campo de fútbol Daniel Mallo”.