Un ano máis, o Concello de Cambre saca unha nova liña de camisetas para celebrar a XXVIII edición do Rock in Cambre. As pezas poñeranse á venda desde mañá, venres 26 de xullo, no Museo Arqueolóxico de Cambre. Deste xeito, o festival volve ás súas orixes, poñendo as camisetas á venta no propio municipio.

Os interesados poderán facerse coa súa camiseta no museo de martes a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas e os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 horas.

As camisetas estarán dispoñibles nunha gran variedade de tallajes –ata a XXL- e haberá tamén modelos para os máis pequenos. As prendas terán un prezo de 5 euros.

Así mesmo, durante o Rock in Cambre, que se celebrará os días 2 e 3 de agosto, haberá un punto de venda no Campo da Feira –na parada habitual dos taxis- a partir das 20.00 horas.