Ao longo do verán, o Concello de Cambre organiza unha infinidade de actividades culturais e deportivas para todos os públicos. O próximo evento está previsto para este domingo, 18 de agosto, ás 20.30 horas. Ese día, a música soul aterrará no municipio a través da actuación do grupo Black, que interpretará o seu espectáculo Voces de Muller.

A función terá lugar no Parque da Igrexa de Cambre, e con el, os asistentes redescubrirán os grandes clásicos de voces femininas, lembrando a mulleres como Aretha Franklin, Nina Simone, Billie Holiday ou Amy Winehouse.

En vivo e en directo, Black ofrecerá unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas no que á música negra se refire. A agrupación regalará ao público asistente unha viaxe polas melodías do soul ao longo da historia.