Cambre,  22 de  febreiro de 2019.  Os alumnos do IES David Buján saíron do centro educativo co obxectivo de lembrar á poboación a conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o vindeiro domingo 24 de febreiro.

Os alumnos e alumnas repartiron flores feitas con material de reciclaxe que entregaron aos veciños e veciñas da vila. Tamén aproveitaron para saudar e entregarlle unha flotr ao alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, que lles recibiu no seu despacho.

O alcalde trasladoulles a felicitación en nome de toda a Corporación Municipal pola iniciativa e convidou aos cambreses a festexar o día de Rosalía o vindeiro domingo.