Preto de 300 nenos e nenas de Cambre participarán, ao longo de todo o verán, nos campamentos urbanos que se están a realizar no CEIP Wenceslao Fernández Flórez. Os participantes, de entre 3 e 13 anos, tomarán parte en catro quendas que levarán a cabo ata o 30 de agosto.

Ao longo do campamento, os nenos e nenas realizarán numerosas actividades lúdico-deportivas e culturais. Así, parte do programa, terán múltiples xogos, clases de inglés e saídas á piscina, entre outras.

FOTO CAMBRE-Los campamentos urbanos de Cambre congregarán a cerca de 300 niños y niñas a lo largo de todo el verano 2

Ao longo do campamento, os nenos realizarán actividades lúdico-deportivas e culturais

Con esta iniciativa, o Concello busca favorecer a conciliación laboral e familiar dos pais e nais do municipio. Baixo esa premisa, os nenos e nenas poden acceder aos campamentos desde as 7.30 ata as 16.30 horas.