Cambre, 20 de xuño de 2018. Pot e Venus foron os cans educadores estrela das xornadas de igualdade nos centros educativos de Cambre.

Coa intervención no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, danse por concluídas as charlas promovidas pola concellería de igualdade dirixidas aos alumnos de 6º de primaria dos centros educativos municipais.

Este ano a concelleira María Jesús Gómez apostou pola educación asistida con animais, de forma que o alumnado recibise formación en materia de igualdade e corresponsabiliade de forma divertida e diferente.

Concluído o percorrido por todos os centros educativos de educación primaria do concello, o balance final foi moi positivo, e o alumnado de 5º  xa está desexando que chegue o próximo curso para poder pasar unha maña aprendendo de igualdade con “Pop” e “Venus” os educadores de catro patas.