O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, visitou xunto con boa parte dos edís de goberno, a futura Casa da Cultura de Cambre, que acollerá a biblioteca e o auditorio municipal.

O obxectivo desta visita foi comprobar o estado actual das obras. O Concello está a traballar, actualmente, na zona da biblioteca central, que ocupa o primeiro piso. A falta do mobiliario e da división de estancias, a instalación está practicamente terminada. A dependencia, de máis de 500 metros cadrados, contará con dúas seccións -unha infantil e outra para adultos-, sala polivalente, almacén, zona de baños, área de despacho, etc.

Así mesmo, durante a visita o rexedor e os edís coñeceron o espazo que ocupará o futuro auditorio, que se atopa na planta baixa do edificio. Esta instalación dispoñerá dunha zona para exposicións e mostras, área de camerino e de control, así como cun escenario e con bancadas con capacidade para 300 persoas.

Óscar García Patiño estivo acompañado polos edís Ramón Boga, Elisa Pestonit, María Carmen Pan Matos, María Pan Lesta, Mónica Varela Germade, Lúa Sanguiñedo Álvarez, Diego Alcantarilla Rei, así como por persoal da biblioteca e do Concello.

FOTO CAMBRE- Óscar García Patiño visita, junto a los ediles de gobierno, la futura Casa da Cultura de Cambre 2

O edificio acollerá a biblioteca central e o auditorio

Tal e como sinalou García Patiño, trátase dun edificio “moi necesario que dará resposta a unha demanda histórica no concello desde hai anos”, explicou.