O programa Píllara está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo do Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, e conta cun orzamento de 60.681,41 euros. Co obxectivo temático de “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.

O Programa iniciou a súa andura a comezos do 2020, tendo como obxectivo principal favorecer a inclusión social das familias en risco de exclusión social do municipio. Atendéronse un total de 92 persoas (27 homes e 68 mulleres), favoreceuse a inclusión social e laboral dun total de 65 persoas, que accederon a algún tipo de formación, recurso de atención especializada, ou oportunidade de emprego.

Co fin de alzanzar os resultados previstos no programa na súa edición 2021/2023, as liñas de actuación de Píllara serán as seguintes:

  • Ofrecer atención individualizada e apoio psicosocial a persoas e familias usuarias dos servizos sociais comunitarios dentro programa de educación familiar.
  • Organizar actividades de educación e apoio familiar para favorecer a adquisición de habilidades sociais, de organización doméstica e competencias parentais.
  • Realizar un seguimento do proxecto de intervención de cada persoa/familia.
  • Derivar a outras axencias e organizacións que ofrecen servizos especializados en Cambre e na comarca, como atención psicolóxica, asesoramento xurídico, orientación laboral, formación, etc.
  • Promover a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade nas familias a través de todas as actuacións do programa.
  • Promover a participación das familias á vida comunitaria, así como a visibilización da contribución social que fan a súa contorna.

O Concello contará cunha educadora social a dedicación completa ata abril de 2023.

Os veciños e veciñas interesados en recibir máis información sobre este proxecto poden contactar cos servizos sociais do Concello de Cambre no teléfono 981 65 48 12 ou no correo electrónico ser_sociales@cambre.org.