A agrupación comezou a realizar estas tarefas o pasado xoves, 7 de xaneiro, cando se rexistrou a maior baixada do mercurio.

O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil e varios voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Cambre repartiron, desde a semana pasada, unhas catro toneladas de sal nas estradas do termo municipal. A agrupación comezou a realizar estas tarefas o pasado xoves, 7 de xaneiro, unha vez se fixo provisión de sal. O obxectivo destes traballos foi reducir o risco de accidentes pola baixada de temperaturas.

Tras comprobar que a baixada do mercurio formara placas de xeo en varias vías de Cambre, a agrupación empezou a distribuír sal en estradas de todo o termo municipal.

O Servizo de Emerxencias e Protección Civil centrou esforzos nalgúns dos puntos onde se rexistraron maiores xeadas, como en Pena da Nosa Señora, A Barcala –inmediacións do IES Afonso X O Sabio-, Santa María de Vigo e Brexo Lema, entre outros.