O Concello de Cambre comezou xa a traballar con mozos e mozas no Proxecto Prisma subvencionado pola Unión Europea. Trátase dun programa complementario de educación e apoio familiar dirixido a familias en situación de risco ou de exclusión social.

O obxectivo é disminuír os factores de risco e fomentar a inserción laboral e social da mocidade de entre 16 e 25 anos.