Esta mañá produciuse a rotura dunha tubería de auga de Oleiros na rúa Tapia, á altura da rúa Constitución.
Este incidente provocou o levantamento do asfalto e o repisado da calzada.
Agora mesmo, pódese acceder á rúa Constitución desde rúa Tapia (só no sentido de baixada de Tapia), pero o tramo desde Profesor Monasterio ata Tapia foi cortado.
Desde o Concello de Oleiros están traballando para realizar a reparación.
A raíz desta rotura estase producindo acumulación de arrastres de terra na parada de bus de Casa Palmeiras da que xa se deu aviso para proceder á limpeza.
Esta situación pode supor, así mesmo, episodios de turbidez de auga na zona.
A Policía Local estará regulando o tráfico mentres dure esta situación. Así mesmo, estase a traballar na revisión do restro de tubaxes para comprobar que se atopan en bo estado.
Desculpade as molestias.