O grupo de instrumentos tradicionais ‘Sementeira de Cambre’ actuará o domingo, 17 de outubro, ás 12:30 horas no Teatro do Parque da Igrexa.

O grupo non puidera actuar en verán debido ás malas condicións climatolóxicas, pero volve agora a Cambre. As entradas poderán recollerse no Museo de Cambre. No caso de que xa se tiveran as entradas adquiridas para a actuación, estas seguiran sendo válidas.

Recordamos que en todo momento seguirase o protocolo sanitario pola COVID-19. Para máis información pódese chamar ao 981 656 217.