Tarabela Creativa chegará este venres, 15 de outubro, ao Concello de Cambre co seu espectáculo “Tabú”.
 
actividade será no Centro sociocultural do Graxal ás 20.30 horas, e está dirixida ao público adulto.
 
A función nace das conversas con mulleres de entre 70 e 95 anos de diferentes puntos de Galicia sobre a súa vida erótica e sexualidade durante a súa xuventude.
 
Gustaríavos asistir? Como sempre, podedes retirar as vosas entradas no Museo Arqueolóxico de Cambre.