O Concello de Cambre organiza, un ano máis, o seu Campus Multideportivo, que levará a cabo entre o 5 e 10 de agosto (de 9.00 a 19.30 horas) en Sada –piscina e polideportivo municipal e praia urbana-. Esta actividade conta cun total de 50 prazas, e está dirixida a nenos e nenas nacidos entre o 2007 e o 2010.

Como parte do programa, os participantes gozarán de actividades lúdico-deportivas, xogos funcionais, e de deportes como waterpolo, pádel surf, kaiak, #ver, etc. A oferta inclúe tamén salvamento deportivo, e a realización do Roteiro Mariñán.

As inscricións poderán realizarse entre o luns día 8 e o 22 de xullo ás 13.30 horas nos rexistros municipais. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, levará a cabo un sorteo público o día 24 de xullo.

O prezo total do Campus Multideportivo é de 45,10 euros, e inclúe manutención, equipo de monitores, materiais, actividades multideportivas, viaxe diaria ata as sedes respectivas e seguro de RC de accidentes.

Os interesados en recibir máis información poden contactar co departamento de Deportes no teléfono 981 61 31 86 ou no deportes@cambre.org.