O pasado sábado, 10 de agosto, celebrouse o XXXV Torneo Municipal de Chave Concello de Cambre no campo de fútbol Dani Mallo. O torneo, que é un clásico dentro do programa de actividades de verán, contou coa participación de sete equipos de chave do concello e do club de chave Acea de Ama como convidado.

Os primeiros premios, que entregou o concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, foron os seguintes:

  • Equipo campión: Club de Chave Meixigo con 98 chaves
  • Equipo subcampión: Club de Chave Villa de Cambre con 96 chaves
  • Máximo Chaveiro do torneo: Borja Souto (do clube de Chave Bribes) con 22 chaves

 

XXXV Torneo de Chave Concello de Cambre 2

O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, entregou os premios