Plan de formación Cambre Dixital Emprego

Desde o Concello de Cambre informámosvos de que aínda quedan prazas dispoñibles para Cambre Dixital-Emprego. Trátase dun programa que forma parte do Plan Municipal de Formación para o Emprego, que xestiona a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de co fin de mellorar os coñecementos dixitais das persoas en situación de desemprego e contribuír á mellora da súa inserción laboral.

Relación de cursos do programa con prazas vacantes:

  • Busca de emprego a través das redes sociais e internet, convocatoria do 20-24 de setembro.
  • Ofimática, convocatoria do 29 de setembro ao 8 de outubro.
  • Informática nivel básico, convocatoria do 13-22 de outubro.
  • Ofimática, convocatoria do 25 de outubro ao 3 de novembro.
  • Seguridade en internet, convocatoria do 7-11 de novembro.

 

1.- Obxectivos:

  • Mellorar as condicións de acceso ó emprego das persoas traballadoras desempregadas do municipio e a súa competitividade no mercado laboral a través dos coñecementos dixitais.
  • Reducir a brecha dixital existente na poboación desempregada.
  • Facilitar a realización de xestións coas administracións de forma telemática, proporcionando as ferramentas e os coñecementos necesarios.
  • Incrementar a seguridade en internet e reducir os riscos existentes.
  • Facilitar a busca de emprego utilizando novas ferramentas e novas canles, coma as Redes Sociais.

2.- Beneficiarios:

Veciños e veciñas de Cambre que prioritariamente se atopen en situación de desemprego e estén inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

3.- Cursos:

As especialidades formativas previstas no programa CAMBRE DIXITAL-Emprego, son as seguintes: Información nivel básico, Realización de trámites por internet: certificado dixital e administración electrónica, Ofimática, Busca de emprego co teu dispositivo móbil, Busca de emprego a través das redes sociais e da internet e Seguridade na internet: consellos e ferramentas para navegar de forma segura.

 


4.- Impartición:

As accións formativas ofertadas son independentes entre si, e están enfocadas a persoas con diferentes niveis de coñecementos previos.

A impartición da formación terá lugar entre os meses de xullo a novembro e será presencial ou virtual, dependendo da especialidade:

  • Os cursos cursos presenciais terán lugar no Centro Municipal de Formación, rúa Zeppelin, 11. Polígono Industrial Espíritu Santo. 15650.Cambre
  • A formación on-line desenvolverase a través de ferramentas ou plataformas que permitan a participación activa dos asistentes, que deberán contar cun ordenador ou tablet e conexión a internet.

5.- Contidos a impartir, datos xerais e requisitos mínimos de acceso de cada especialidade:

5.1- INFORMÁTICA NIVEL BÁSICO

 

Obxectivo: Proporcionar un primeiro achegamento ás novas tecnoloxías ás persoas que carecen ou contan con escasos coñecementos previos.

Duración:  32 h / 8 días/ de 9.30 -13:30 h / formación presencial / 8 prazas por curso (Programadas 4 edicións).

Datas previstas: 4 edicións de L-V: 7-16 xullo / 2-11 agosto /  18-27 agosto / 13-22 outubro.

Contidos:

1 Coñecementos Xerais

  • Que é un ordenador. Sistema Operativo Windows. Software.
  • Manexar o rato e o teclado.
  • Abrir e pechar ventás e carpetas.
  • Crear, gardar e eliminar arquivos. Imprimir.
  • Iniciación ao tratamento de textos: Word.

2 Internet básico

  • Navegar por Internet e facer buscas na web.
  • Crear e utilizar unha conta de correo electrónico.
  • Coñecer e utilizar aplicacións na nube ou “cloud computing”
  • Coñecer bolsas de traballo virtuais e cubrir formularios (Infojobs, webs empresas)
  • Coñecer webs de interese (SEPE, SPEG, SegSocial, Xunta…).

5.2- REALIZACIÓN DE TRÁMITES POR INTERNET: Certificado Dixital e Administración Electrónica

 

Obxectivo: Poder realizar trámites on line a través dos sistemas de identificación persoal.

Duración:  16h / 4 días/ 1 curso presencial (8 prazas) / 1 curso online (25 prazas).

Datas previstas: curso presencial: días 29,30 de xullo e 12 e 13 de agosto. Horario de 9.30 -13:30 h

Curso on line: días 16,17, 27 e 28 de setembro. Horario de 16.30 – 20:30 h

Contidos:

  • Que é e como funciona o Certificado Dixital.
  • Como solicitalo, instalalo e operar con seguridade a través de Internet.
  • Uso en dispositivos móbiles.
  • Sinatura electrónica: Utilidades. AutoFirma e VALIDe
  • DNIe, Sistema Cl@ve e Chave 365. Como solicitalos e como operar.
  • Que é a administración electrónica. Trámites que se poden realizar (Xunta, SEPE, SPEG, S.Social, AEAT, Concello).
  • Casos prácticos.
  • Notificacións electrónicas.

Requisitos para realizar este curso:

Requisitos xerais para realizar este curso:

  • Ter coñecementos básicos de informática, correo electrónico e Internet.
  • Dispoñer dunha conta de correo electrónico.

Requisitos adicionais para realizar este curso na edición On-Line:

  • Dispoñer dun ordenador ou tablet con conexión a internet.

5.3- OFIMÁTICA

 

Obxectivo: Coñecer ferramentas ofimáticas que favorezan o acceso ao emprego.

Duración:  32h / 8 días/ de 9.30 -13:30 h / formación presencial / 8 prazas por curso (Programadas 4 edicións).

Datas previstas: 4 edicións de L-V: 19-28 xullo / 6-15 setembro29 set- 8 outubro / 25 out-3 novembro.

Contidos:

  • Microsoft Word. Creación de documentos de texto.
  • Microsoft Excel. Creación de follas de cálculo.
  • Microsoft PowerPoint. Creación de presentacións gráficas.

Requisitos para realizar este curso:

  • Ter coñecementos básicos de informática.

5.4-  BUSCA DE EMPREGO CO TEU DISPOSITIVO MÓBIL

 

Obxectivo: Facilitar a xestión de busca de emprego e mellorar as opcións de inserción laboral

Duración:  12h / 3 días/ de 9.30 -13:30 h / formación presencial / 20 prazas

Datas previstas:días 1, 2 e 3 de setembro.

Contidos:

  • Configurar o teu correo electrónico a o teu móbil
  • Inscribirte e responder a ofertas de traballo a través do teu móbil
  • Revisar webs de emprego a través do teu móbil
  • Informarte e inscribirte ós cursos máis adecuados a o teu perfil.
  • Gardar no teu móbil: arquivos, ofertas, webs de interese para a túa busca.

Requisitos para realizar este curso:

  • Ter un curriculum en formato dixital.
  • Dispoñer dunha conta de correo electrónico.
  • Dispoñer dun teléfono smartphone, tablet ou portátil.
  • Ter coñecementos básicos de informática, correo electrónico e Internet.

5.5- BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS E DE INTERNET 

 

Obxectivo: Favorecer a inserción laboral co coñecemento e a óptima utilización de novas canles de busca.

Duración:  20h / 5 días/ de 9.30 -13:30 h / formación on line / 25 prazas

Datas previstas:do 20-24 de setembro.

Contidos:

  • Ferramentas básicas para a busca de emprego
  • O curriculum vitae e a entrevista virtuais
  • A xestión da marca persoal en internet
  • As redes sociais para potenciar a marca persoal e buscar emprego: Linkedin, Facebook, Twitter e Instagram
  • Empresas, persoas e grupos: Páxinas e perfís, as redes de contactos, os contactos estratéxicos, as listas de distribución e a participación activa en comunidades.

Requisitos para realizar este curso:

  • Ter un curriculum en formato dixital.
  • Dispoñer dunha conta de correo electrónico
  • Ter coñecementos básicos de informática, correo electrónico e Internet
  • Dispoñer dun ordenador ou tablet con conexión a internet.

5.6- SEGURIDADE EN INTERNET: CONSELLOS E FERRAMENTAS PARA NAVEGAR DE FORMA SEGURA

 

Obxectivo: Coñecer os perigos máis frecuentes en internet e as ferramentas máis axeitadas para incrementar a seguridade e privacidade.

Duración:  15h / 5 días/ de 17:00 -20:00 h / 1 curso online (25 prazas).

Datas previstas:do 7-11 de novembro.

Contidos:

  • Coñecemento do tipo de ameazas e riscos máis comúns en internet.
  • Configuración de seguridade e privacidade de dispositivos.
  • Contraseñas seguras e copias de seguridade.
  • Fraudes comúns que se dan en internet.

Requisitos para realizar este curso:

  • Dispoñer dun ordenador ou tablet con conexión a internet.
  • Ter coñecementos básicos de informática

6.- Preinscricións:

As preinscricións realizaranse preferentemente on line, no formulario habilitado na Web municipal (www.cambre.es), ou ben presencialmente na Axencia de Desenvolvemento Local, na rúa Wenceslao Fernández Flórez, 1. TF: 981613196.

O prazo de preinscrición estará aberto dende o día 17 ata o 28 de xuño de 2021.

No caso de que houbera cursos con prazas vacantes permitirase a inscrición fóra de prazo.

As persoas interesadas poderán inscribirse nunha ou máis especialidades por orde de prioridade, e deberán cumprir cos requisitos que esixe cada curso.

No caso das persoas sen coñecementos previos, poderán inscribirse igualmente en máis dun curso, pero deberán realizar en primeiro lugar o curso de “informática nivel básico” para poder optar a outras especialidades.

7.- Adxudicación de prazas:

Terán preferencia absoluta as personas empadroadas en Cambre e inscritas como demandantes de emprego no SPEG. Os solicitantes que non cumpran con estes requisitos poderían optar a unha praza só no caso de quedar vacantes antes do inicio dun curso.

Unha vez rematado o prazo de inscrición procederase á adxudicación das prazas ofertadas entre as persoas con preferencia, por orde de preinscrición e por orde da prioridade solicitada.

Os resultados publicaranse na web municipal o día 1 de xullo de 2021.

Unha vez adxudicadas as prazas, se quedaran vacantes, permitirase a inscrición fóra de prazo ata tres días laborais antes do inicio do curso. Neste caso asignaranse automáticamente ata esgotarse, por orde de solicitude, entre as persoas que cumpran cos requisitos de preferencia (veciñanza en Cambre e demanda de emprego no SPEG).

Se tres días antes de comezar un curso houbera prazas dispoñibles ofertaríanse ós solicitantes non preferentes, primeiro ós veciños/as de Cambre en idade activa por orde preinscrición e priorirade solicitada, e segundo ó resto de veciños de Cambre polo mesmo orde.

Os avisos para ofertar prazas vacantes antes do inicio dun curso, realizaranse vía “sms” ao teléfono móbil que consta na solicitude, dando un prazo limitado para confirmar a asistencia. De non obter resposta nese prazo ofertarase á seguinte persoa da listaxe.

Os cursos que non cubran como mínimo nun 75% das súas prazas poderán ser cancelados.

8.- Renuncias e penalizacións:

Se unha persoa seleccionada para un curso non puidera participar nel, deberá comunicarlo á maior brevidade posible para cubrir a súa praza.

No caso de que unha persoa seleccionada renunciase sen prazo suficiente para cubrir a praza, ou non se presentase, ou abandonase, sen motivos xustificados e de forza maior sobrevida, non poderá participar noutros cursos desta programación nos que tivera praza nin tampouco naqueles que se programen dende a Axencia de desenvolvemento local en 2021 e 2022.

8.- Máis información:

Axencia de desenvolvemento Local Concello de Cambre.

TF: 981 61 31 96.