Programa Prisma do Concello de Cambre

Por medio do programa Prisma, o goberno local busca promover a inserción laboral e social daqueles veciños e veciñas de entre 16 e 25 anos que se atopen fora do sistema educativo regrado.

Este é o obxectivo principal do progama Prisma, unha iniciativa que a concellería de Benestar Social iniciou no ano 2018 e que, ata data, logrou numerosos logros. Tanto é así, que desde a posta en marcha deste programa, o Concello axudou a un total de 73 mozas e mozos, favorecendo, en varios casos, a súa inserción no mercado laboral e promovendo, noutros, que retomasen os seus estudos

O programa Prisma está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo do Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, e conta cun orzamento de 60.681,41 euros. Co obxectivo temático de “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.

Dende o ano 2018 ata ai 2021 atendéronse a 73 mozas e mozos dos cales:

Número de insercións laborais: 18

Número de retomo de estudos-formacións: 32 persoas (ESA, competencias clave, ciclos formativos grao medio, curso de formación para pesoas desempregadas,..)

Para conseguir estes resultados e dar cumprimento aos obxectivos do programa, a técnica en integración social –cunha dedicación completa- imparte, durante tres días á semana, talleres sobre as seguintes temáticas: igualdade de xénero; prevención e redución de riscos no consumo de drogas; pautas para unha futura emancipación; habilidades sociais, procura de emprego -creación de currículos, preparación de entrevistas, etc. Estes bloques formativos poden modificarse, iso si, en función das necesidades das persoas usuarias.

Ademais dos talleres, as mozas e mozos participan en múltiples saídas de lecer, como as organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre. A técnica atende, de maneira personalizada, a cada participante realizando seguimentos e derivacións a outras entidades cando é preciso.

A flexibilidade, crear cada día, improvisar segun as necesidades das mozas e mozos e da situación epidemiolóxica que continuamos vivindo. O grupo como maneira de traballo, o apoio dos iguais, que se vexan reflexados uns en outros e un dos aspectos máis importantes do programa Prisma. Facer dun proxecto común, un camiño distinto para cada participante segundo os seus intereses e motivacións.

Os veciños e veciñas interesados en participar neste programa poden contactar cos servizos sociais do Concello de Cambre no teléfono 981 65 48 12 ou no correo electrónico ser_sociales@cambre.org.